logo

Feira do Leste presenta Lembrazadas no Festival Artes no Camiño

Feira do Leste estará no Festival Artes no Camiño de Sarria (Lugo) onde porá sobre as táboas o espectáculo Exilio das Moscas, así como varias actividades de dinamización cos veciños da vila lucense.

Será durante a semana do 7 ao 11 de agosto cando a compañía viguesa traballará cos veciños de Sarria nun proxecto centrado na memoria do pobo e os seus habitantes. Co título, Lembrazadas, Feira do Leste quere poñer sobre a escena as distintas voces que conforman un lugar, unha historia e unha forma de vida.

Tamén se exhibirá Exilio das Moscas, montaxe cunha clara dimensión performativa e posdramática, vinculado ao teatro físico e ás linguaxes escénicas e audiovisuais, que recolle temáticas de total actualidade: as migracións, o feminismo, o racismo, os abusos de poder, a guerra, as raíces e a sátira política. Será o mércores 9 ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Sarria.

Así mesmo, o luns 7 ás 21.00 horas na Praza de Xoán Mª López presentarán Fragmentos, peza breve de teatro-danza en colaboración con Ars Combinatoria.

O Festival Artes no Camiño é una cita imprescindible da danza, a música, a poesía e o teatro no entorno do Camino de Santiago francés que se leva realizando desde hai varios anos. Cunha clara perspectiva da difusión da cultura e a formación educativa, o festival contará na edición de 2017 cos obradoiros de Feira do Leste, así como con espectáculos de narración oral da man de César No e Ernesto Is.

Comments are closed.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies